Praia Fluvial do Rio Deva – San Juan (Arbo – Pontevedra)

Foto: www.concellodearbo.es/

O area enmárcase ao bordo do río Deva e, coa praia fluvial que existe na mesma zona, o paseo fluvial, os recentemente restaurados molinos de auga, no lugar onde no seu tempo houbo un aserradero hidráulico, a ponte romana que domina todo o lugar, constitúe unha das zonas de lecer e recreo máis belas e visitadas da comarca. Trátase dunha zona cun relevo moi compartimentado, pola incisión dunha densa rede fluvial.

A contorna é tranquila, o rumoreo das augas e a frondosa vexetación, convértena nun lugar de paz e acougo. A vexetación é a típica e autóctona de clima suboceánico e mediterráneo húmido.

Sobre o Rio Deva álzase a Ponte románico de San Xoan de Mourentan, é testemuña histórica da batalla da Independencia que se libró contra os franceses en febreiro de 1809.

Trátase dunha ponte sobre o río Deva ben conservada e recoñecida pola súa importancia como punto de defensa na Guerra da Independencia. Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte. A loita terminou co triunfo dos franceses, debido á súa superioridade numérica, pero o feito recórdase cunha lápida instalada nunha columna nun dos lados da ponte.

Fonte: www.concellodearbo.es

Comparte!!!

Relacionados