“Educando na Igualdade”. Redondela

Trátase dun proxecto que pretende achegar ao alumnado conceptos e ferramentas de sensibilización, implicación e actuación baseados nunha verdadeira relación de igualdade cos demáis.

Dirixido ao alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria dos centros educativos de Redondela.

O programa consta cun total de 10 horas por aula que se distribúen en: 2 sesións grupais de 4 horas adicadas ao alumnado e 1 sesión final de 2 horas adicada ás familias do alumnado participante coa finalidade de darlles a coñecer as conclusións extraídas do traballo realizado cos/as seus/súas fillos/as, propoñer pautas de actuación e resolver dúbidas.

Dende o Departamento dos Servizos Sociais Comunitarios contacta hai tempo cos distintos centros de educación primaria, pechando datas para a impartición dos obradoiros no presente curso escolar cos seguintes centros: CEIP Laredo, CEIP Quintela, CEIP Porto Cabeiro e CEP Santa Mariña.

O proxecto de igualdade nos centros educativos do concello “Educando na Igualdade”, comeza cos obradoiros esta semana no CEIP Laredo

Comparte!!!

Relacionados