Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla; Ruta da Traslatio

Dezaoito concellos das dúas marxes da ría de Arousa e municipios da beira do Ulla, organizan cada ano unha peregrinación que rememora a translación do corpo do Apóstolo Santiago dende Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, localidade dende a que, segundo a tradición, foi conducido a Compostela.

O remonte realízase tódolos anos durante o mes de agosto, e a saída realízase dende un dos municipios costeiros da ría de Arousa.

Concellos e outras institucións poñen a disposición das persoas interesadas en participar varias embarcacións, nas que o público en xeral e as autoridades percorren o primeiro camiño de Santiago, xa que non se trata de unha vía aberta polos peregrinos, senón da orixinaria. Esta actividade vense realizando dende o ano 1965.

A Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, declarada de interese cultural por parte da Xunta de Galicia, organiza paralelamente diversas actividades, como charlas, conferencias, concursos literarios e de investigación. Os fins da fundación son promove-los valores do mar de Arousa e Ulla, no terreo artístico, cultural, gastronómico, turístico, etc.

Vídeo: Camiño de Santiago Ruta do mar de Arousa e río Ulla, ruta da Traslatio


 Fonte: Concello de Vilagarcía de Arousa

Comparte!!!

Relacionados