Historia, arquitectura e arte para afondar na Memoria industrial en Galicia . Pontevedra

Visibilizar o patrimonio industrial abandonado, coñecer o que aconteceu no noso país e a pegada dunha actividade colectiva que formou e forma parte da nosa realidade é o triplo obxectivo que hai detrás da exposición fotográfica “Memoria industrial en Galicia” que se pode ver, até o 24 de febreiro, na sala de exposicións do Pazo da Cultura.

A mostra de José Chas vai máis alá dunha experiencia estético-artístico e é por iso polo que leva arredor propostas como a charla-coloquio.

A exposición leva da man actividades complementarias como a charla-coloquio sobre a memoria industrial dende unha perspectiva multidisciplinar: histórica, arquitectónica e artística que terá lugar o vindeiro xoves 17 de xaneiro, ás 19.30 horas, na Casa da Luz.

Nesta charla participarán:

  • Xoán Carmona Bardía, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC
  • Cristina García Fontán, arquitecta e coordinadora do Grao de Paisaxe da UDC
  • Manuel Sendón Trillo, profesor de Fotografía da Facultade de Belas de Pontevedra

A “Memoria industrial en Galicia” é un amplo proxecto artístico e de recuperación da memoria que hai detrás.

“Memoria industrial en Galicia” reúbe vinte fotografías doutras tantas fábricas abandonadas -“ruínas industriais”, segundo a definición de Chas- localizadas nas catro provincias galegas.

+INFO CLIK AQUÍ

 

 

Comparte!!!

Relacionados