“A Diversidade sexual nas aulas. Materia Pendente?, primeira cita do proxecto Pinto e Maragota. Pontevedra

A cita terá lugar no Pazo da Cultura o vindeiro sábado 19 de xaneiro

A Xornada “A diversidade sexual nas aulas. Materia pendente?” será o pistoletazo de saída do proxecto Pinto e Maragota pola diversidade sexual, un proxecto promovido pola Concellería de Educación e Igualdade que dirixe Carme Fouces e que vai máis alá do que é unha programación municipal interactiva.

Trátase dunha nova liña de traballo básica e estratéxica que e atravesará a acción municipal en todos os eidos, co fin de empurrar cara o derrube do patriarcado; favorecer a vida en igualdade das persoas lesbianas, gais transexuais e doutros colectivos respectando a súa diversidade sexual e de xénero; promover, defender e garantir os dereitos do colectivo LGTBIQ+ ; favorecer a súa visibilización e promover a empatía de todos os pontevedreses e pontevedresas coa diversidade.

É precisa inscrición (gratuíta) no mail info@pintoemaragota.gal ou no telf 604024645.

¬DESCARGAR PROGRAMA

 

 

Comparte!!!

Relacionados