Concertos Ciclo de Butaca. Banda de Música de Pontevedra

O Teatro Principal abre de novo as portas para acoller os concertos Ciclo de Butaca (2o parte-primavera) da Banda de Música de Pontevedra (BM). Seis concertos que terán lugar nos meses de marzo, abril e maio.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, ao carón do director da BMP, Rafael Agulló Albors, quixo hoxe subliñar os vimbios dunha programación que acadou xa a categoría de “clásico” na cidade: variedade e calidade dos espectáculos presentados e profesionalidade dos músicos que integran a Banda e dos seus convidados.

Directores convidados como o belga Frank de Vuyst; colaboracións como a do Conservatorio de Música “Manuel Quiroga” de Pontevedra ou estreas de pezas son algunhas dos fitos do ciclo.

Agulló Albors anuncio tamén a entrega da recadación do concerto solidario da Banda de Música de Pontevedra do pasado xaneiro á ONG Destino Uganda. Son 1.835 euros que irán destinados á construción dunha aula nunha escola deste país africano.

O Ciclo de Butaca de primavera, que terá lugar no Teatro Principal, arrancou co mes de marzo e ten a súa próxima cita o vindeiro domingo 24 de marzo.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

Comparte!!!

Relacionados