Aberto o prazo de preinscrición para o programa formativo do GDR Pontevedra Morrazo

Dende o luns 01 de abril estarán abertas as listas para inscribirse nos cursos do programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable 2019 que celebrará o GDR Pontevedra Morrazo os vindeiros meses de maio e xuño.

No marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 O GDR Pontevedra Morrazo deseñou o programa formativo Xestión Agroforestal Sustentable para desenvolver no territorio reforzando e mellorando as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal.

O programa formativo de 54 horas lectivas, ten unha dobre finalidade:

  • Mellorar as prácticas sostibles dos sectores agrogandeiro e forestal para potencialo como alternativa emerxente de emprego e/ou emprendemento.
  • Reforzar e incrementar a profesionalización e capacitación da poboación activa nos ámbitos referidos, contribuíndo a mellorar as prácticas de traballo e impulsar os aproveitamentos.

 

Para isto, o programa formativo centrarase en:

  • Reforzar o papel das actividades agrarias, gandeiras e forestais, como eixe para a dinamización social e económica do territorio, isto é, a activación do capital social: implicar a iniciativas que xa están en marcha, procurar novos aproveitamentos, ou aproveitamentos alternativos aos actuais, etc.

Introducir criterios técnicos e aprendizaxes no conxunto de actividades que leven implícita esa xestión agroforestal sustentable.

Os cursos contemplados do programa formativo son totalmente gratuítos para os seus participantes. O criterio de admisión establecerase por orde de inscrición, ata cubrir o número de prazas existentes.

Os cursos, que incluen visitas temáticas de traballo, serán impartidos e dirixidos por persoal técnico, con coñecemento específico da materia e experiencia en labores formativas e de traballo en grupo.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA CURSOS CLICK AQUÍ

¬+INFO CLICK AQUÍ

Comparte!!!

Relacionados