AQUIS QUERQUENNIS : A Mansión Varia

Foto:Porgaliciabaixo

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias.

Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos diferentes:

O 1º a principios da segunda centuria da era. Contaría cun gran corralón con teito e apoiado sobre alicerces, que se poden apreciar no interior, e parcialmente  escavados obsérvanse estancias residenciais.

O 2º é posible que fose construído nas primeiras décadas do século III, e sería un novo edificio que substituiría o antigo corralón, e engadirase outra edificación na parte externa co seu correspondente pozo, para resgardar aos animais de montura e transporte, tamén como abrevadero.

Foto:Porgaliciabaixo

Consta dun vestíbulo empedrado, que se aprecia perfectamente na actualidade, á beira dunha vía urbana á que se accedía por unha escalinata.

Esta fermosa zona, verde sempre, posúe ademais no seu subsolo con augas termais, brotando do chan que foron as que deron nome a esta Mansión Viaria e posteriormente aos balnearios, ata que finalmente foron alagados pola construción do  Encoro das Cunchas en 1948.

Comparte!!!

Relacionados