Os baños públicos da Chavasqueira, logo das reformas das reformas acometidas por parte da Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 36.000 euros, volven estar abertos. A reforma e modernización dos interiores deste servizo executouse de xeito que se lles dea resposta ás necesidades transmitidas polos veciños e turistas usuarios das instalacións.
Entre outras actuacións, colocouse un novo solo, realizáronse melloras na carpintería e sanitarios, e adaptáronse os aseos para persoas con mobilidade reducida.
A rehabilitación dos baños públicos da Chavasqueira súmanse ás actuacións na contorna do Muíño da Veiga e que supuxeron a transformación dos seus aseos, grazas a un convenio subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia.