Nova edición de Maio Mes da Lingua. Pontevedra

Corenta actividades programadas -máis dun cento se contamos as da programación escolar, xa pechadas- e máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas en 30 días. Son datos que falan de importancia e alcance de Maio Mes da Lingua, proxecto da Concellería de Normalización Lingüística que promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a programación da nova edición de Maio Mes da Lingua que chega con máis actividades e máis asociacións, colectivos e entidades colaboradoras que nunca. Arranca mañá coa Festa dos Maios, que terá lugar na Ferrería a partir das 11.00 horas e inclúe obradoiros, xornadas, cinema, teatro, roteiros, recitais, conferencias… e citas de programas como a Final do Club de Debate, Ben Veñas Maio ou Apego, e mesmo a promoción dos 1o Premios Mil Primaveras.

“Chegar a máis público, chegar ao público máis novo” é unha das liñas estratéxicas da Concellería de Normalización, lembrou Alberto Oubiña.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

Comparte!!!

Relacionados