Os Maios, desfile dos Entroidos de Galicia, música galega e jazz para a fin de semana en Ourense

– O venres, ás 23:00 horas a Praza de Santa Eufemia acollerá o concerto de balde do XXIII Festival de Jazz Primavera 2019, a cargo da banda The Blues Giants

– O sábado pola mañá, as rúas do centro da cidade acollerán, por vez primeira, un desfile que contará coa participación de máis de 400 persoas, en representación de 11 dos entroidos máis representativos de Galicia

– As actividades dos Maios comezarán o domingo, a partir das 11:00 horas, na rúa do Paseo, onde a festa estenderase até as 19:00 horas

 

Concerto de Jazz

Así, o venres 3 de maio, a Praza de Santa Eufemia acollerá o tradicional concerto de balde do XXIII Festival de Jazz de Primaveira. Este ano, estará protagonizado pola banda  The Blues Giants, un grupo que leva décadas enchendo os principais templos do jazz e do blues.

Ourense, capital dos Entroidos de Galicia

O sábado pola mañá, Ourense será a capital do Entroido, coa celebración do Desfile dos Entroidos de Galicia.

Trátase dunha oportunidade excelente para gozar de Entroidos de Interese Turístico coma os de Cobres (Vilaboa), Manzaneda, Verín, Xenerais da Ulla e Xinzo de Limia. Ademais, tamén participarán figuras únicas doutros Entroidos coma os Volantes de Chantada, as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vergalleiros de Sarreaus, os Vellaróns de Riós, os Galos de A Mezquita (A Merca) e unha representación do Entroido de Samede (Paderne).

O desfile sairá ás 12:30 horas desde a Praza Maior e percorrerá as rúas da zona centro da cidade (Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa Lepanto, praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e remate, de novo, na Praza Maior).

Pola tarde, a Festa trasladarase aos Xardíns do Padre Feijóo, que acollerán a actuación, de balde, dunha das agrupacións musicais con máis historia da nosa comunidade: O grupo A Roda. Será a partir das 20:00 horas.

O broche de ouro destas fin de semana será o domingo, coincidindo coa tradicional celebración da Festa dos Maios. A partir das 11:00 horas, a rúa do Paseo acollerá a colocación das esculturas de musgo, mentres que a animación musical a cargo do grupo de gaiteiros Os Furafoles e dos cabezudos comezará ás 11:30 horas.

O paseo do xurado será ás 12:00 horas. Ao longo da xornada haberá xogos populares e  animación de rúa. A entrega de premios e canto de coplas será ás 18:30 horas. A festa rematará coa actuación do grupo Os d’Abaixo.

 

Comparte!!!

Relacionados