A creación de UTEs, nova sesión formativa de Pontevedra ten un Puntazo

A Casa da Luz acolle o vindeiro sábado 2 de febreiro de 10.00 a 14.00 horas- unha nova sesión de traballo do programa de formación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo. Trátase do Obradoiro de creación de UTEs, onde se vai a falar de como presentarse a licitacións públicas en UTEs e como sacarlle partido e facer mais competitiva a rede Puntazo!!

Pontevedra ten un Puntazo é unha iniciativa promovida pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade que dirixe Anabel Gulías e ten como destinatarios á industria, empresas e actividades creativas e innovadoras.

Nas condicións económicas nas que nos atopamos, unha das claves para todas as empresas – e de xeito especial para as micropemes – é a colaboración e a cooperación entre elas. A intercooperación inclúese coma un factor de competitividade que permite ás pemes acceder a proxectos e mercados que polo seu tamaño resultarían complicados de executar e/ou captar.

Para participar nas acións formativas é precisa a inscrición previa. As sesións son de contido independente polo que os interesados/as poden inscribirse naquelas que lles resulten máis interesantes para o seu desenvolvemento empresarial.

Máis información e inscricións: http://www.pontevedra.gal/formacion-puntazo/

Comparte!!!

Relacionados