O Servizo Complementario ‘ Concilia Verán’ abre a o prazo de inscrición. Allariz

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
DO 13 DE MAIO AO 14 DE XUÑO

O Concilia Verán, é unha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais a posibilidade de que os seus fillos e fillas nas datas de vacacións de verán: xullo e agosto, poidan optar a esta proposta que se pon en marcha dende o concello de Allariz.

O obxectivo principal deste programa e o disfrute no tempo vacacional, dos e das participantes , pero sempre dende un punto de vista pedagóxico, no que tanto as actividades programadas, como as propostas creen un ambiente de confianza no que todos e todas poidan vivir unha experiencia fora o seu entorno cotián, potenciando a súa autonomía e desenvolvemento persoal.

+INFO. COMPLETA DOS REQUISITOS

Comparte!!!

Relacionados