“É un luxo competir na casa e como en todas as carreiras sairei a gañar”. Gómez Noya no Mundial de Triatlón de Pontevedra

Foto: MartinPutz / Wikipedia

Javier Gómez Noya estivo presente hoxe no acto de presentación do patrocinio do Banco Santander como Tilte Sponsor do Campionato do Mundo Mutideporte (Mundial de Tríatlon) que se disputará en Pontevedra do 27 de abril ao 5 de maio, en conexión directa dende Nova Zelanda o día do seu 36 aniversario.

Dende a oficina do Banco Santander na Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado onde tivo lugar a rolda de prensa, se lle coreou o “cumpreanos feliz” coa presenza do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, a directora da Territorial de Banco Santander, Charo García Alonso e a directora de 123aCorrer de Banco Santander Virginia Martínez Murguía.

Javier Gómez Noya será un dos ilustres participantes na proba e asegurou que “para min é un luxo competir na casa. Gardo moi bo recordo de todas as experiencias que tiven competindo en Pontevedra e seguro que será un gran espectáculo. Animo a todo o mundo a que se achegue a vernos e agardamos unhas boas xornadas de tríatlon. Se eu non competira, tampouco o perdería coma espectador”. É máis, “a nivel emocional competir na casa é algo moi bonito e máis nunha cidade que se envorca sempre co deporte. Se este Mundial fose en calquera outro lugar non o competiría. O meu adestramento é agora moi diferente, pero é a miña cidade e quero intentar loitar pola vitoria. Como en todas as carreiras ás que saio, eu sempre saio a gañar. É un obxectivo complicado, unha distancia sobre a que non competín nunca, fíxenas máis cortas e máis longas, pero agardo ser capaz de render a bo nivel”.

Javier Gómez Noya adéstrase estes días en Nova Zelanda pois “a semana que ven volvo competir e estou con ganas de probarme. Para min é unha carreira de preparación. Un dos meus obxectivos son os Xogos Olímpicos e non só teño que render en distancias cortas”. “Esta é unha época de moito adestramento e moito traballo”, asegurou

“Para Banco Santander é unha oportunidade única levar Pontevedra a nivel mundial e unha demostración do noso apoio a Galiza”, asegurou Charo García Alonso, directora da Territorial do Banco Santander en Galiza. “Estamos patrocinando de forma intensa os deportes e con esta aposta queremos achegarnos de forma activa á cidade de Pontevedra”, sinalou. En palabras do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores “este Mundial é unha axuda moi importante non só para Pontevedra senón tamén para Galiza. Imos contar con 4.000 deportistas de todo o mundo e iso leva un esforzo grandísimo de organización e económico e o apoio do Banco Santander é fundamental para que los campionatos se celebren con todas as garantías. Estamos poñendo a Pontevedra no mapa e espero que este campionato sexa un éxito. Falamos dun retorno inmediato de millóns de euros e un retorno posterior que fará que a xente volva a Pontevedra nun futuro”.

Banco Santander apoia o Mundial Multideporte Pontevedra 2019 que porá en xogo os títulos de Duatlón, Acuatlón, Tríatlon Cros, Aquabike y Tríatlon LD coa participación de atletas procedentes de países dos cinco continentes, coa participación estelar do cinco veces campión do mundo de tríatlon en distancia olímpica e embaixador 123aCorrer do Banco Santander.

Comparte!!!

Relacionados