O Mosteiro de San Xoán de Poio e San Fructuoso

Foto. Claustro das laranxeiras./Wikipedia/  Jose Antonio Gil Martínez

Atópase no municipio de Poio. Parece ser que foi fundado sobre o século VII grazas a San Fructuoso, sabéndose que utilizaban a Illa de Tambo como lugar de retiro.

Foi protexido por diferentes reis, o que a fixo crecer e facerse máis poderoso. Creouse tamén aquí unha Escola de Teoloxía baixo o auspicio do mismísimo Carlos I. Esta escola foi un importante berce de grandes pensadores e políticos españois; pero coa desamortización esta acábase.

Posteriormente será ocupado pola orde da Merced, e está xunto coa Hospedería evitará a súa ruína.

A planta no presente podémola observar en forma rectangular cunha única nave, con capelas laterais.

Ao longo dos séculos, nas obras deste mosteiro traballaron o mestre Mateo López que tamén o fixo na Basílica de Santa María de Pontevedra, e Frei Gabriel de Casas quen se encargará das obras na época do barroco; tamén poderemos contemplar este barroco no retablo e imaxes do interior.

Conserva dous claustros, o procesional con bóvedas estreladas e o coñecido como o “Das laranxeiras” do século XVIII.

Foto. Claustro procesional ./Wikipedia Jose Antonio Gil Martínez

Falemos agora de san Fructuoso…

Foi bispo de Braga, gran fundador por excelencia, reúne a ermitáns e anacoretas, poñéndoos baixo as ordes dun abade ao que obedecían aínda que tamén podían destituílo en caso de non valer para o cargo.

Creou fundacións ademais de na Galicia, en León, Asturias, Portugal, Andalucía e Asturias.

Fundou o Mosteiro de Poio entre outros, e hai unha anécdota del respecto a a Illa de Tambo, onde retirábanse, ás veces, os anacoretas. Estando na illa, buscando auga doce con outros monxes, foise á deriva a barca na que foran, sentindo desesperación ao ver como se afastaba no mar, pero San Fructuoso despois de rezar arroxouse ás augas e recuperou a embarcación. Isto dános un pouco a idea do seu carácter.

Foi enterrado en Braga, e famosos foi o roubo das súas reliquias – Pio latricinio – por parte de Xelmírez relatado en “A Compostelá”. Así fai relativamente pouco foron devoltas estas reliquias á sede de Braga, por parte da sede compostelá.

 

Comparte!!!

Relacionados