A Unión Deportiva Orensana

A Unión Deportiva Ourensá foi un equipo de fútbol galego, fundado en 1942 e que desapareceu en 1952 en Ourense.

Naceu en 1942 da fusión do Galicia Sport Club Ourense e o Burgas FC da cidade de Ourense. Chegou a xogar en Segunda División tres tempadas, pero en 1952, ao final das mesmas desapareceu a causa de problemas económicos.

Na última tempada da súa historia chegou á final da Copa Federación, na que perdeu contra o Real Xaén por 3-1. Despois dese encontro o club declarouse en suspensión de pagos.

Como sucesor da Unión Deportiva Ourensá, fundouse na cidade o Club Deportivo Ourense.

O 29 de maio de 1951 o equipo alemán do TSV Munich xogou un partido amigable no estadio do Couto contra a Unión Deportiva Orensana. O equipo ourensán, que xogaba naquel tempo na liga de Segunda división e xa estaba a punto de desaparecer, viuse reforzado con xogadores da valía de Pahíño para disputar este encontro.

O resultado foi contundente. Gañaron os alemáns por 4 a 1 aínda que foron os ourensáns os primeiros en marcar. A crónica de La Región contaba que a chuvia deslucira o partido, que sen lugar a dúbidas foi o acontecemento deportivo do ano en Ourense.

TSV München: Strauss; Pledl, Fritz, Soemann; Sommer, Smidhuber; Monnseheim, Lauxmann, Mekerle, Vottner eHornauer.
UDO: Pita; Mantido, Padrón, Cabiño; Manolé, Villar; Larrosa, Cid, Pahíño, Sobrado e Tolín.

“La salida de los equipos fue saludada con grandes ovaciones por parte del público. El capitán de la Orensana, Mantido, entregó un banderín al capitán del Munich, y ambos entregaron sendos ramos de flores a la madrina de U.D.O. Srta. Orbán. El Munich correspondió a la atención del equipo orensano haciendo entrega a este de una fotografía de su conjunto.”

La Región, 30-05-1951.

Fontes: Wikipedia e madialevo.blogspot.com.es

Comparte!!!

Relacionados