A Illa de Arousa

Foto©Porgaliciabaixo

Ten unha curiosidade a Illa de Arousa fronte a outras illas de Galicia, e é que por ela mesma é municipio. Atópase como moitas das súas irmás na provincia de Pontevedra.

Está do mesmo xeito que A Toxa unida por unha ponte duns dous quilómetros de longo relativamente novo (de 1985); esta ponte revolucionou en parte a vida da illa en canto a comunicacións e turismo refírese, xa que antes só se podía acceder a ela en barco.

Foi declarada Reserva Natural pola Unión Europea polas súas trinta e seis quilómetros de costa, das cales preto de once son praia.

Estas augas son famosas polo seu mariscos, polo cal poderemos ver numerosas bateas nelas e cultivos de ameixas, berberechos etcétera, que é do que viven esencialmente os habitantes da illa xunto co turismo.

A historia da illa como tal habitada constátase desde o Paleolítico, tamén se achou unha necrópole romana da época de dominación dos mesmos; e sufriu como todo esta zona ataques de normandos e ata dos árabes, de feito para defenderse destes últimos, o bispo de Santiago Don Diego Gelmirez no século XII mandou construír unha flota de naves para repeler os ataques na zona, sendo o punto de referencia e de unión a Illa de Arousa.

Pasan os séculos e no século XIX do mesmo xeito que noutras zonas próximas desenvólvese a industria,instalándose a Factoría de Salgadura de Goday, a segunda en instalarse en Galicia logo da de Carril (1801).

A Illa ten varias instalacións portuarias: O Cabodeiro, O Naval, O Campo e O Xufre.

Coa súa clara vocación marítima e mariñeira é normal tamén se que atope nela o Instituto Galego de Formación en Acuicultura.

En canto a lugares emblemáticos desta illa para visitar poderiamos destacar:

O Museo de Conserva, que fai precisamente referencia á Fábrica de Conservas Goday e a importancia da mesma na economía galega, e como referencia mundial polas calidades das mesmas.

O Mirador do Santo, situado a sesenta e tres metros no punto máis elevado da Illa. Alí atópase a Imaxe do Corazón de Jesús “O Santo”.

O Porto do Xufre, que é o que soporta a maior actividade pesqueira; cargas, descargas, venda e poxas da lonxa etcétera.

O Faro de Punta Cabalo, o faro da illa.

A Igrexa de San Xulián (1817)

O Muíño de Mareas e o de VentoO primeiro acciona as súas tres rodas facendo uso das baixadas e subidas das mareas, é dicir, coa pleamar e a baixamar. O segundo muíño, o de vento, utilizábase cando as mareas eran prácticamente inexistentes e atópase no Monte de Pedrouzos.

Illa Xidoiro Areoso, lugar con carácter protexido situado na zona norte da illa. É unha fermosa paraxe de fina e branca area que parece a primeira ollada unha duna. Na súa parte máis elevada obsérvanse vestixios do que pode ser un dolmen megalítico.

A illa conta co seu propio Parque Natural: o de Carreirón, declarada Reserva Natural polo Proyecto RAMSAR ( convenio que se preocupa dos Humidais de Importancia Internacional, facendo especial fincapé nos hábitats de aves mariñas). Punta Carreirón en concreto é Zona Internacional de Especial Protección para as aves e atópase dentro do que é o Parque Natural Complexo Intermareal Umia-O Grove- A Lanzada -Punta do Carrión e Lagoa da Bodeira.

Vídeo: Illa de Arousa

Comparte!!!

Relacionados