II Edición do Sanxenxo Fala e Concurso de Maios

A segunda edición de Sanxenxo Fala chegou  novamente da man do Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo  co tradicional “ Concurso de Maios”, que este ano contou coa participación de: CEIP  FLORIDA, Asociación cultural MAR DE FONDO, que participa con dous grupos: infantil e adultos.  Repartíronse 500€ en premios:

1º premio  (250€):

2º premio (150€):

3ª premio   (100€):

 

O programa Sanxenxo Fala xurde para promover o uso da lingua e cultura  galega, dando visibilidade a todas as actividades que se levan a cabo neste senso no concello “é moi importante  un traballo en equipo que una recursos, ideas e sobre todo obxectivos neste senso. De feito, a valoración realizada pola organización na primeira edición  fai que nesta ocasión contemplando as apartacións de todas as agrupacións se enriqueza”

Precisamente dende  a Concellería de Educación Cultura e Xuventude xunto con 13 colectivos culturais: CCD SANXENXO, RETESIAS DE PORTONOVO, SOALLEIRA DE DORRON, ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA ABIÑADOIRA, OLLARES DE PORTONOVO,  LEMBRANZAS DE PORTONOVO , OS GATIÑOS DE PORTONOVO, ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE DORRON, CORO PARROQUIAL DE NOALLA, NEEN@S, CORAL POLIFÓNICA SANTA MARIA ADINA DE PORTONOVO, OS CRUCEIROS DE VILALONGA E AIRIÑOS DA LANZADA , están ultimando os  detalles do que vai ser a II Edición do Sanxenxo Fala. Unha programación que será presentada nestes días, e que este ano, con motivo do cambio de data para a realización da Festa da Raia e da celebración das eleccións municipais prolongarase ata o 16 de xuño.

Comparte!!!

Relacionados