O goberno destinou 444.642€ do orzamento de 2019 a distintas actuacións no rural. En concreto, invístense 361.175€ no asfaltado de 10 pistas e 7 dotacións de saneamento e auga. Outros 83.467€ destínanse á colocación de 81 novos puntos de iluminación pública no rural.
Nestes momentos están a acometerse traballos de mellora do viario que vai de Pontes a Soutullo, nunha pista en O Freixo e outra en Gondar. Ademais, unha en Lagarei e outra en O Castro – Vilalonga.
A parte destes 444.642€, desde xuño de 2017, o goberno destinou 1.711.596€ a servizos básicos nas sete parroquias.
- 801.460€ ao asfaltado e mellora de pistas, sen contar as actuacións de gran envergadura como a P0-308 e a rúa Progreso.
- 910.136€ á dotación de saneamento, auga e iluminación pública.
En resumo, en 2 anos o goberno investiu 2.156.238€ na mellora de servizos básicos do rural. Recursos que saíron do orzamento municipal e do Plan de Concellos da Deputación