A 5ª Gladiator Race Pontevedra abre as inscricións . Pontevedra

Nova cita coa historia na cidade de Pontevedra.  O sábado 1 de Xuño (dende as 15.00 horas) terá lugar na Illa das Esculturas  a quinta edición da Gladiator Race.

Cando no 2015 nacía este evento, poucos pensaban que se ía converter  nun dos obxectivos da tempada de moitos deportistas galegos. O formato, novidoso na nosa comunidade; a espectacular contorna elexida, a variedade de probas e obstáculos, fai que sexa todo un reto de superación para os participantes:  máis de 2200 en pasadas edicións.

Este ano haberá tamén novidades mais manteranse os tres percorridos con distintos grados de dificultade.  O máis duro WARRIOR, 11 km de carreira con 30 obstáculos, deseñado para especialistas. O de dificultade media, ROCKET,  6 Km con 20 obstáculos. E o familiar, KIDS, para que os máis peques da casa participen cun adulto.

Todos os que desexan participar en calquera das tres probas, pode anotarse xa a través da web www.championchipnorte.com na que atoparán descontos  especiais ata o 21 deste mes.

Máis información do evento na páxina oficial www.gladiatorrace.es

 

Comparte!!!

Relacionados