Colocación do valado para o desfile do Entroido do sábado. Pontevedra

A Policía Local de Pontevedra deseña o dispositivo especial de tráfico para o desfile do Entroido que terá lugar o vindeiro sábado 2 de marzo co fin de garantir a seguridade viaria e o normal desenvolvemento da parada festiva. O desfile e unha das citas máis concorridas do entroido.

Os cortes de tráfico programados terán a duración mínima, de tal xeito que a apertura dos tramos pechados farase a medida que pase o desfile e o servizo de limpeza viaria.

Comeza a colocación dos valos de sinalización de prohibido o estacionamento. En total colocaranse 770 valos sumando os de cortes de tráfico, prohibido aparcar e de seguridade.

Cortes de tráfico

Afectarán ao circuíto do desfile: rúas Xosé Malvar (dende o cruzamento coa rúa A Seca até a rotonda de Loureiro Crespo); Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España a Alameda e tamén as rúas adxacentes: Cobian Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xavier Puig.

Os cortes de tráfico comezarán ás 16.30 horas, agás na rúa Xosé Malvar, punto de encontro das carrozas, que se vai a cortar ao tráfico a partir das 15.00 horas. Por outra banda a rúa Echegarai quedará cortada a partir das 18.00 horas, xa que na Alameda remata o desfile do Entroido.

Prohibido o aparcamento A Policía Local informa que quedará prohibido o aparcamento en todas as rúas de paso do desfile. No caso das rúas Xosé Malvar, Loureio Crespo e Benito Corbal o estacionamento quedará prohibido a partir das 08:00 horas do sábado 2 de marzo e a rúa Echegarai (marxe esquerdo) a partir das 15.00 horas.

Operativo tráfico En previsión dunha gran afluencia de vehículos co gallo da celebración do desfile do Entroido, a Policía Local de Pontevedra porá especial atención nas entradas e saídas da cidade, e si fora necesario, e co fin de garantir a máxima fluidez do tráfico, con desvíos puntuais. O foco porase no eixo ponte dos Tirantes; rotonda San Roque: Paseo Colon co Raíña Vitoria; no cruzamento de Eduardo Pondal con Uxío Novoneira; e no de Otero Pedraio con Eduardo Pondal.

Vías alternativas tráfico

  • Cara a ponte dos Tirantes: rotonda Montecelo, rúa da Pomba, Santa Margarita, A Seca, Xosé Malvar, ponte dos Tirantes. Esta saída e entrada, afectada pola ocupación das carrozas na rúa Xosé Malvar o que provocará desvíos puntuais a través da avd. Bos Aires cara a Monte Porreiro.
  • Zona Este: avenida de Lugo, Xoán Carlos I. Saída e entrada pola nova ponte dos Xulgados. O tráfico procedente de 12 de Novembro cara a Xosé Malvar será desviado pola rúa Estrada cara a avenida Xoán Carlos I.
  • Acceso zona Norte e Oeste: polas avenidas Beiramar, de Marín, Corvaceiras, Uruguai, avenida Compostela, Paseo Domingo Fontán.
  • Saída cara a Poio: avenidas Beiramar, Corvaceiras, Uruguai, Xofre Tenorio e Alfonso XIII., ponte de Santiago, avenida Compostela, Xoán Manuel Pintos e paseo Domingo Fontán.
  • Recomendase a utilización da A-9 como alternativa de acceso e saída da cidade.

A Policía Local de Pontevedra advirte que ao desprazamento do valado, especialmente en puntos de corte de tráfico, ten unha sanción é de 3.000 (C.I.R. art. 142-3). Ademais desobedecer unha sinalización circunstancial de entrada prohibida ten unha sanción de 200 (C.I.R. 154 5-A)

Aparcadoiros en superficie, de balde A Policía Local de Pontevedra recomenda a utilización dos aparcadoiros en superficie e de balda das zonas de Xoán Manuel Pintos (Pavillón de Deportes), explanada do Recinto Feiral, Bos Aires (terreos antiga fábrica Tafisa), o peirao das Corvaceiras e Mollavao.

Comparte!!!

Relacionados