O Río Umia nace no interior das montañas da provincia de Pontevedra, máis exactamente en Aciveiro no Concello de Forcarei.
Xorde da unión dos arroios de Raigosa, Filloi, Alende e Grela, sumándose o Río Galo como importante afluente á altura de Ponte Taboada, sendo outros afluentes a ter en conta O Canón, o San Martiño, O Chaín, o Amergeira e o arroio de Bermaña.
A súa conca fluvial é de catrocentos catro quilómetros cadrados e no seu percorrido de corenta e cinco quilómetrospasa polos concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis para morrer na Ría de Arousaentre Sisán (Ribadumia) e Vilariño (Cambados),onde destacaremos o valor ecolóxico da área O Grove-Umia –coñecido como Complexo Intermareal–, onde invernan centenares de aves acuáticas e mariñas migratorias de varias especies, como Garzas Reais ou aves de rapiña como o Falcón Peregrino; ou onde viven mamíferos diversos –nutrias , raposos e murciélagos ribeiregos, unha rara especie–, réptiles, tartarugas e anfibios.
Do mesmo xeito que ocorre co Ulla e outros ríos galegos, é zona de augas termais xa recoñecidas na época romana –Caldas de Reis, Caldas de Cuntis–. En Caldas de Reis non debemos perdernos as Fervenzas de Segade e as paisaxes que nos ofrece o paseo fluvial en xeral.
Cambados é outra das vilas monumentais na que se conxugan a historia e a arquitectura dos seus palacios, casaróns e prazas coa súa contorna natural. Tampouco hai que deixar de visitar o Mosteiro de Armenteira.
Doutra banda este río conta con lendas e paraxes máxicas como a “Ponte dos Padrinos” en Leiro (Concello de Ribadumia), no que levaban a cabo o que se denominaban “Bautismos prenatales ou anticipados”. Este consistía en bautizar ao feto que aínda se atopaba no seo da nai, é dicir, aínda en estado de xestación. Realizábase ás doce a de noite sobre unha ponte con presuntos poderes máxicos e ía dirixido a mulleres que con anterioridade sufriran algún aborto, de tal xeito que practicando este tipo de bautismo prenatal, o que se perseguía era o afianzar o embarazo ata o feliz nacemento do neno.
En Pontenova podes atopar un área recreativa con praia fluvial incluída, do mesmo xeito que nos concellos de Cuntis e Moraña. En Portas atoparemos tamén praia fluvial onde ademais poderás practicar a pesca.