A Comisión de Obras coñecerá este martes o proxecto da praza da Castaña. Pontevedra

A Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos coñecerá este martes, 29 de xaneiro, o proxecto de reforma da praza da Castaña, unha proposta sinxela para devolver a vida veciñal á praza. Está incluído como mellora dentro da remodelación da rúa Cruz Vermella, que está practicamente rematada, e que tivo un custe próximo ao 1,2 millóns de euros.

O investimento para reformar a praza da Castaña é de 61.229,64 euros, que permitirá a demolición da actual estrutura de pedra e terra natural, para substituíla por mobiliario urbano que permita crear unha zona de estancia e racionalizar o tránsito de vehículos que teñen que empregar a praza para achegarse aos estacionamentos das vivendas. Ademais, está previsto a plantación dunha árbore que dea sombra nos días de calor.

Os traballos xa comezaron hai uns días coa retirada da estrutura situada no centro da praza.

A outra mellora incluída no proxecto da Cruz Vermella é a reforma da beirarrúa da rúa Padre Gaite, situada ao carón do CGTD.

Comparte!!!

Relacionados