Plan de Emprego Concello de Bueu

O Concello de Bueu contratará este ano vinte e oito persoas no marco do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2019 da Deputación de Pontevedra.  Concretamente serán quince peóns de limpeza, catro peóns forestais, un oficial de albañilería, un oficial electricista, un oficial condutor, dous oficiais de xardinería e catro auxiliares administrativos

As persoas interesadas en ocupar estes postos, deberán estar inscritas no Servizo de Emprego Público de Cangas nas categorías concretas demandadas.

No caso dos peóns de limpeza, as súas labores centraranse no mantemento dos numerosos areais, sobre todo dos de Bandeira Azul que atraen numerosos visitantes durante a tempada estival. Ao igual que os areais, a brigada de obras e servizos virase reforzada con máis persoal que se encargarán do mantemento das instalacións e espazos municipais.

Na web municipal (www.concellodebueu.gal) xa está dispoñible a relación de ocupacións xunto ao código co que as persoas deben estar inscritas no Servizo Público de Emprego. Tal e como xa se fixo o ano pasado, nesta convocatoria poden participar todas as persoas desempregadas, independentemente de que estean ou non percibindo unha prestación por desemprego ou un subsidio. Importante é tamén aclarar que para todas as ocupacións, excepto persoal de limpeza, vaise solicitar experiencia. Ao mesmo tempo, no caso concreto dos auxiliares administrativos, a formación que se demandará será a de ciclo medio en xestión administrativa e/ou ciclo superior en administración e finanzas, e as persoas seleccionadas prestarán apoio na xestión dos departamentos de persoal, intervención, OMIC e emprego.

O custe total da contratatación ascende a 188.952,71 €, dos que 183.824,14 € corresponderían á subvención da Deputación e 5.128,57 € á achega municipal.

Comparte!!!

Relacionados