Preparándose para “Supercantos. Aquí Cántase!”. Pontevedra

(El texto está escrito en gallego, se respeta el idioma de origen)

Vinte cancións, sete ensaios (un deles xeral), tres locais, catro prazas e unha “gran quedada”. Son os vimbios da gran cita do 9 de agosto: Supercantos. Aquí Cántase!!, que este ano chega a súa terceira edición como “un clásico do verán pontevedrés” na véspera do inicio das Festas da Peregrina.

A Concellería de Festas e o Grupo Maravallada van da man nesta proposta que porá o ramo a tempada de Cantos de Taberna, que pecha o vindeiro 31 de maio co convite de Maravallada a cantar con eles nos bares Saudade e O Pavero, dende as 21.00 hora á media noite.

O concelleira de Festas, Carme da Silva, xunto con Xaquín Maceda e María Luz Rodríguez, de Maravallada, presentaron hoxe a nova quedada dos Supercantos ao tempo que animaron aos pontevedreses e pontevedresas de todas as idades, con ganas de cantar a vivir e gozar “desta experiencia de canto colectivo”.

Os ensaios do repertorio de Aquí Cántase!! desenvolveranse en tres centros sociais e veciñais do Concello: no Local social O Gorgullón, no Teleclub de Santo André de Xeve e na Casa Verde de Salcedo, en horario: de 20.30 a 22.00 horas e co seguinte calendario:

Comparte!!!

Relacionados