8M: Manisfestación Unitaria en Lugo 3 de marzo. Programa e Percorrido

¬VER EN GOOGLE MAPS

Dentro da asemblea de Galegas8M participan uns 50 colectivos, asociacións, plataformas e sindicatos, ademáis dun bo número de mulleres a nivel individual.

Ao longo das asembleas de 2019 os seguintes colectivos decidiron incorporarse ao grupo, que grazas a isto acada grados de diversidade cada vez maiores, o que redunda nunha maior inclusión e en reflexións moito máis enriquecedoras para todas:

Acción Feminista Erguer, Asociación Feminista de Vilalba, Colectivo Feminista das Mariñas, Colectivo Feminista Miño Contra o Machismo, Plataforma Feminista Galega, Xornalistas Galegas, Asamblea Feminista Armadiña, Asamblea de Mulleres de Galiza Nova, Colectivo Feminista Zeivas (Marín), Movemento Feminista da Coruña, Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), Mulheres LBT de Avante LGBT, Galegas na Diáspora, FADEMUR Galicia (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia), Ervas bravas (Carral), Mulleres en Acción Do Barbanza e Azos Feministas (Lalín).

Presentación e manifesto

Xa na Horta do Seminario daremos comezo ao resto de actos organizados para este día e cuxa presentación correrá a cargo Ana Carreira, coñecida actriz lucense, e de Cristina Lombao, traballadora da Radio Galega.

O primeiro será a lectura do manifesto, elaborado colectivamente polas agrupacións e mulleres integrantes de Galegas 8M, e que escoitaremos nas voces da escritora e activista María Reimóndez e da militante feminista María Osorio.

E ao remate da manifestación…

Xantar colectivo

Teremos postos de comida vegana e vexetariana xestionados por mulleres de Lugo, que comezarán servir despois do manifesto ata fin de existencias. Ademáis, avisamos aos numerosos locais de hostelería da zona para que teñan en conta o gran número de
mulleres que acudirán a Lugo e estean preparados para atender a aquelas que prefiran comer máis repousadamente e nun sitio
pechado.

Actuacións

Logo da lectura do manifesto teremos a oportunidade de escoitar e gozar da música e do baile das Batuko Tabanka, un grupo de mulleres caboverdiana afincadas en Burela, que levan anos achegando á nosa terra a cultura da súa a través dos toques do batuko, un sinxelo instrumento tradicional ao que estas compañeiras saben sacarlle todo o ritmo que levan no sangue.

Tamén teremos un tempo para as artes escénicas coa peza ‘Sororidade’, creada e representada por un grupo de teatro feminista formado por mulleres de Lugo e dirixida por Isa Herrero.
Por último, e a modo de fin de festa, temos preparada unha sesión de pinchada ‘femipower’ na que soarán temas feitos por mulleres de todos os lugares do mundo e seleccionados colaborativamente a través das redes sociais de Galegas8M.

 

 

Comparte!!!

Relacionados