Deseñado o Cartel Oficial do “Desfile Infantil” do Entroido 2019 de Verín

O CPR María Inmaculada deseña o cartel oficial que representará o vindeiro ‘Desfile Infantil’ do Entroido 2019, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín. Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CPR  María Inmaculada. Tras elaborar este centro tres carteis, representantes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Gudiña; os…

Ver+

O Concello de Bueu convoca o Concurso de Carteis e os Premios dos Desfiles de Entroido

O Concello de Bueu vén de abrir o prazo para participar no concurso de carteis e nos premios dos desfiles do Entroido, tras a publicación dos extractos no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) deste venres, 25 de xaneiro. En canto aos premios de Entroido, o prazo de inscrición esténdese ata o 28 de febreiro. Os premios repartirán 6000 euros entre todas as categorías participantes tanto no Enterriño da Sardiña, que se celebrará o mércores 6 de marzo ás 17.00 horas, como no Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, que terá…

Ver+

Bases do Concurso para o Deseño do Cartel do Entroido 2019. Ourense

A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador da festividade de Entroido, de acordo coas seguintes bases: TEMÁTICA: Os carteis serán representativos e estarán relacionados coa Festividade do Entroido da cidade de Ourense. PARTICIPANTES: Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. RECEPCIÓN DAS OBRAS: Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Entroido 2019”, acompañados dunha declaración responsable segundo o modelo que se anexa a estas bases, e debaixo un pseudónimo ou lema;…

Ver+

Comeza a campaña a nivel nacional do Entroido de Xinzo de Limia

Despois da aprobación do Entroido, como Festa de Interés Turístico Internacional, mañá comeza a campaña de difusión a nivel nacional coa inserción publicitaria  dunha folla completa no especial que o Pais saca dedicado aos viaxes e que se repartirá en FITUR, ademais da publicación a nivel nacional. A semana continuará a campaña en outros medios de comunicación nacionais e no norte de Portugal. O Concello quere aproveitar o fito histórico da denominación precisamente dúas semanas antes de comezo da festa máis importante da vila e pola que agora será coñecida…

Ver+

Anímate a participar na Comparsa Municipal de Entroido 2019. Soutomaior

Do 23-02-2019 ó 10-03-2019 Inscricións ata: Luns, 18. Marzo 2019 Horarios: Lista de horarios adicional Destinatarios: Todas as idades e + máis Menores: (-5 anos acompañados) Prazas: 25 prazas Lugar da actividade: Baixo Praza de Abastos de Arcade Horarios: Sábado 23 de febreiro – 11.30 A 13.00 H Venres 1 de marzo – de 17,00 a 18,30 h Luns 4 de marzo – de 11,30 a 13,00 h Mércores 6 de marzo – de 11,30 a 13,00 h Sábado 9 de marzo – de 11,30 a 13,00 h Domingo 10 de marzo – 16.30…

Ver+

O Entroido de Xinzo declarado Festa de Interés Turístico Internacional

A Secretaria de Estado de Turismo do Ministerio de Industria Comercio y Turismo  Dña.Isabel María Oliver Sagreras comunicoulle a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro a decisión de conceder ao Entroido de Xinzo de Limia o “Título honorífico”  de Fiesta de Interés Turístico Internacional. Isto significa que a edición deste ano do Entroido de Xinzo, xa poderá levar nos carteis a nova declaración.  

Ver+

Visitando o Entroido de Cobres (Festa de Interese Turístico de Galicia)

Foto: Entroido de Cobres No municipio de Vilaboa, nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina, celébrase o famoso Entroido de Cobres, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Nestas parroquias que miran cara á Enseada de San Simón segue vivo un Entroido de fondas raíces medievais, con tradicións relacionadas cos gremios das xentes do mar. Os protagonistas absolutos do Entroido de Cobres son as madamas (mozas) e os galáns (mozos). Durante varios días, madamas e galáns percorren as casas do municipio integrados en comparsas. Cada unha das comparsas fórmana catro…

Ver+

O Entroido de Pontevedra

Dicir entroido en Pontevedra, é dicir festa na rúa e é dicir Ravachol…pero xa explicaremos máis adiante quen é este famoso personaxe en forma de papagaio. O entroido en Pontevedra é unha semana de celebracións con diversas actividades. O venres anterior ao comezo da coresma, é cando arrinca este entroido, e isto anúnciase coa presenza do Rei Urco acompañada da súa manda de cans. Tamén conta cun colorido e multitudinario desfile de entroido, coas súas vistosas carrozas que fan o seu percorrido polas principais rúas de Pontevedra, hai concursos de…

Ver+

A festa máis festa de Ourense: O Entroido

Foto©Porgaliciabaixo Se falamos de Entroido en Ourense, falamos da festa por excelencia da capital e da provincia. Estes entroidos son famosos en toda España e mesmo a nivel internacional. O entroido arrinca en distintas datas, segundo en que localidades, así temos, por exemplo, que en Manzaneda comezan sobre o día de San Mauro (15 de xaneiro), mentres que en Caldelas e Xinzo farano en torno ao día de San Sebastián (20 de xaneiro). Nestas datas fanse desfiles de máscaras polas noites nestes pobos. A continuación virán: -O domingo fareleiro (farelo=salvado,…

Ver+