Concurso de Fotografía polo Día da Muller Traballadora. Ribadavia

Con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, a Concellería da Muller e Igualdade, do Concello de Ribadavia, celebra un ano máis o concurso de fotografía en colaboración cos Establecementos Asociados do Ribeiro e a Asociación de Fotógrafos do Ribeiro. A temática está relacionada coas mulleres do Ribeiro no eido laboral. A finalidade non é outra que outorgarlle o papel que desenvolven as mulleres nos diferentes ámbitos, darlle visibilidade e o lugar que merecen. ¬VER / DESCARGAR BASES CONCURSO CLICK AQUÍ

Ver+

Entroido 2019 e Programa. Ribadavia

Lembra que aínda tes plazo ata o vindeiro 28 de febreiro para apuntarte e participar. Xoves 28 de febreiro ás 16: horas: Comparsa do conservatorio e a Escola Municipal de Música de Ribadavia Xoves 28 de febreiro ás 22 horas: Noite de comadres. Organizan: Comadres do Ribeiro Venres 1 de Marzo ás 10:30 horas: Comparsa nenos e nenas da Gardería Venres 1 de Marzo ás 11:30 horas: Comparsa nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe Ribadavia Domingo 3 de Marzo ás 17 horas: Desfile de Charangas e Comparsas dende o I.E.S.…

Ver+

A Feira do Viño do Ribeiro convoca o concurso de carteis para a súa 56ª Edición

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 56ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 3 ao 5 de maio de 2019. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros. A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de…

Ver+

Presentación do libro “Coetánea de poesía luso-galaica” . Ribadavia

Sábado 19 de xaneiro, ás 17 horas Na Casa da Cultura de Ribadavia  preséntase o libro “Coetánea de poesía luso-galaica” de Ester Sousa Sá, coa colaboración de poetas portugueses e galegos.

Ver+

As Termas de Prexigueiro

Atópanse a 5 quilómetros escasos da localidade de Ribadavia, nunha contorna rodeada de bosque. As termas están situadas xunto a un antigo edificio reconstruído e restaurado para iste fín. Contan cun circuíto termal ao aire libre de cinco pozas de auga quente chamada “Kumano Kodo” e “Rotenburo”. Circuíto de inspiracion xaponesa fai referencia a unha peregrinación nipona denominada “Kumano Kodo”, é así como cada poza (Rotenburo) adopta o nome dos templos xaponeses que compoñen o seu camiño. Existe un SPA e dous pozas de auga fría. No edificio realízanse unha…

Ver+

Vive a Festa da Istoria de Ribadavia

A “Festa da Istoria” recorda, ano tras ano, a historia da Vila e a súa Bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época. Recuperar a Festa foi un esforzo da xa desaparecida “Escola Taller de Santo Andrés”. A testemuña fué recollida polo pobo, que representado por unha Coordionadora Veciñal a segue representando todos os anos, contando para iso cun gran número de voluntarios. O esforzo de todo un ano, non só queda…

Ver+

O Río Avia

O Río Avia é outro afluente do Río Miño, nacendo en Fonte Avia en plena Serra do Suído, na parroquia de Nieva no Concello ou Municipio de Avión. A súa conca é de seicientos corenta e tres quilómetros cadrados e ten unha lonxitude de case trinta e sete quilómetros. Comoafluentes nútrenlle os ríos: Maquiás, Viñao, Arenteiro e Home. Esta conca (con afluentes incluídos) percorre as poboacións deAvión, Boborás, Cenlle, Beariz, Irixo, Carballeda, Leiro, Carballiño; fundíndose co Miño en Coto do Frade, preto de Ribadavia(poboación ligada historicamente ao seu río). Como todos os ríos da zona goza de…

Ver+

Convento De San Domingos De Ribadavia

Atópase extramuros das murallas, no lugar coñecido como Val de Paraíso. É de mediados do século XIII e foi obra dos dominicos, para que lles servise, entre outras cousas, de aloxamento; cando foron crecendo económicamente construíron unha igrexa nova. -1271-Empezouse a construír a igrexa. -1295-1329-Construír a cabeceira. A planta ten forma de basílica conformada por tres naves, os seus espazos son luminosos e amplos. A destacar os capiteis, os elementos profanos como touros, xabaril etcétera e elementos vexetais. Hai quen di que se estilo recorda en certa medida á “Claustra Nova”…

Ver+