Xornadas de portas abertas no CITA. Día Internacional dos Museos. Pontevedra

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, CITA, celebra co gallo do Día dos Museos -18 de maio- con tres xornadas de portas abertas. O acceso nestes días será gratuíto e regularase en función do aforo limitado da instalación. As xornadas de portas abertas terán o seguinte horario: Venres 17 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Sábado 18 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Domingo 19 de maio, de 10.00 a 14.00 horas Ademais o propio Día Internacional…

Ver+

Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra

Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación. Propostas para o Día das Letras Galegas: Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería…

Ver+

O programa RE-viradas e a creación dun banco de tempo avanzan ao abeiro da Redeira. Pontevedra

Está en marcha o programa RE-viradas no que dez mulleres foron seleccionadas para darlle unha volta ao seu potencial persoal ou profesional e que lles gustaría facelo acompañadas. Serán 12 horas repartidas en 6 sesións nas que se traballarán obxectivos de diferente natureza. Por outra banda dende o pasado día 8 e até o vindeiro 16 de maio, A Redeira recibe a trinta personas de Estonia, Grecia, Eslovenia e Portugal no proxecto europeo We are time bankers de Ticket2europe. Neste caso A Redeira ademais de facilitar a loxística do proxecto…

Ver+

Concerto das Letras Galegas. Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense vai a celebrar o Día das Letras Galegas o vindeiro xoves as oito da tarde con un Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón, unha proposta conxunta que mestura cancións propias con cancións populares galegas, un concerto acústico dende o principio ata o fín.  O Concerto está patrocinado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia.

Ver+

I Festa Gastronómica do Choco da Ría. Campelo (Poio)

17 e 18 de Maio, na Praza da Granxa de Campelo (Poio) Apertura da Carpa o venres 17, como pregoeiro Pepo Suevos, disfruta do mellor Choco da Ría en empanada de millo e trigo, Choco con arroz na súa tinta e Choco Guisado… + INFO CLICK AQUÍ  

Ver+

Actividades do Concello de Ourense no Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas a cativada e outras para persoas de todas as idades que se desenvolverán durante a  semana. O venres, 17 de maio, a Sala Valente acollerá ás 11.30 horas un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”. Ás 12.30h, no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda. Xa pola tarde, ás 7, a festa sairá á rúas cun desfile da…

Ver+

IV Edición de Enxebre Swing Festival. Bueu (programa)

O festival ofrecerá actividades dirixidas a bailaríns de lindy hop (lindy hoppers), pero tamén actividades dirixidas a tódolos públicos. Ademáis de persoas das Rías Baixas, o festival acollerá asistentes de toda Galicia, Cantabria, Girona, Madrid, Zamora, Portugal e ata de Inglaterra e Holanda. O festival arrica o xoves 16 de maio ás 18.30h cunha clase aberta de lindy hop no Paseo da Banda do Río de Bueu, impartida por Elena Branco e Jorge Patiño de Swing On School. Ese mesmo día, os asistentes poderán seguir bailando no mesmo lugar despois…

Ver+

Quentando motores para o Día das Letras Galegas dentro do Maio Mes da Lingua. Pontevedra

A programación de Maio Mes da Lingua quenta motores cara a celebración do Día das Letras Galega, adicado neste ocasión á vida e obra de Antonio Fraguas. Serán tres días de actividades -dende mañá martes ao xoves- que inclúen unha conferencia, un programa de radio, cinema, unha sesión lectora e mesmo unha carreira, iniciativas todas elas co obxectivo de normalizar o uso da lingua na infancia e mocidade e na xente en xeral. Maio Mes da Lingua é un proxecto da Concellería de Normalización Lingüística , dirixida por Alberto Oubiña,…

Ver+

No 17 de maio os libros galegos saen a rúa. Pontevedra

Dez librarías da cidade instalarán postos nos Soportais da Ferrería o Día das Letras Galegas co fin de visibilizar e achegar á xente a oferta editorial galega e en galego, unha oferta ampla, variada e de calidade. Os libros galegos saen a rúa é unha iniciativa da Concellería de Festas enmarcada na programación do Maio Mes da Lingua, proxecto liderado pola Concellería de Normalización Lingüística. Na cita participan as seguintes librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva,…

Ver+