Antón Dios Vázquez: Dignidade e memoria viva de Pontevedra

Antón Dios achegouse até o Concello de Pontevedra xa que o seu bo estado de saúde o permite e tamén porque quería poder volver a ver a Bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo que foi tecida pola súa nai, Josefa Vázquez Juncal. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará recibiron esta mañá a Antón Dios Vázquez, con motivo do seu 100 anivesario. El e os seus irmáns foron os encargados de seleccionar os fios para esta bandeira. Antón Dios Vázquez é fillo da famosa familia propietaria…

Ver+

Alexandre Bóveda: “Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República”

Foto: Wikipedia//  Placa en A Caeira, donde fusilaron a Bóveda No ano 1942 e en Bos Aires, a Irmandade Galega que impulsaba Castelao e que substituiría ao Partido Galeguista, declarou o 17 de Agosto Día da Galiza Mártir.   Escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado nesa data do  ano 1936 na Caeira(Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Alexandre Bóveda Iglesias, ( Ourense, 1903 – Pontevedra 1936) , foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do…

Ver+

A guerra também foi nossa. Portugueses na Guerra Civil de Espanha

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa comisión pola memoria histórica “Sempre con vós. Cidadanía pola verdade”, xunto co “Instituto de Estudos Miñoranos” de Gondomar e a “Asociación Cultural Vagalumes” da Estrada traen a Galiza o documental “A Guerra também foi nossa”, unha reportaxe da Radio e e Televisão de Portugal sobre a historia dos portugueses represaliados por Franco na guerra civil española. Proxectarase nos tres concellos entre os días 30 de maio e 1 de xuño, contando coa presenza das autoras. A guerra civil tamén marcou para sempre a…

Ver+

A Federación de Guerrillas de León-Galicia

A Federación de Guerrillas de Galicia-León foi unha organización guerrilleira antifranquista, con carácter pluripartidista, aínda que con predominio de socialistas leoneses e asturianos, que agrupou a guerrilleiros anarquistas, comunistas e socialistas que operou na inmediata posguerra española. A pesar de que grupos de guerrilleiros antifranquistas operaban na zona desde a caída da fronte norte en 1937, a Federación de Guerrillas de León-Galicia non se creou ata o 17 de xullo de 1942 con grupos de León, Ourense e Lugo, mediante unha reunión nos montes de Ferradillo (Montes Aquilanos), preto de Ponferrada,…

Ver+

Do amor de Castelao por Pontevedra; “Meu Pontevedra”

Un dos maiores alegatos de amor e dos máis fermosos que vin na miña vida por Pontevedra. Realmente emociona lelo como pontevedrés.“Meu Pontevedra” máis a carta que escribe ao presidente do Centro Galego de Buenos Aires,  Castelao no ano 1947. Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado a fermosura dos seus arredores, coma quen no pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. Eu débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades da súa paisaxe, tristuras de non vela y espranzas de retornar a ela. Empezo…

Ver+

Acto cultural literario: “A represión franquista contra os intelectuais galegos”

Por primeira vez, despois de 80 anos, as personalidades literarias de Galicia que foron vítimas da brutal Represión do 36, son homenaxeadas na Terra. Nesta ocasión nun acto que organizan dúas institucións culturais (a Real Academia Galega e a Fundación Otero Pedrayo) e un Concello, o de Amoeiro, ó que pertence Trasalba, onde don Ramón escribiu páxinas excelsas e chorou, en páxinas inesquecibles, ós amigos represaliados, algúns asasinados : Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Castelao… O acto desenvolverase seguindo o seguinte programa coordinado pola secretaria da Fundación, Patricia Arias Chachero:  Palabras de benvida…

Ver+