A actuación que mellorará substancialmente o Camiño As Salinas continúa a bo ritmo e estará terminada nos próximos días. O camiño de As Salinas é un paso, duns 500 m de lonxitude, que conecta o núcleo da Revolta coa zona da Lanzada. Na actualidade prodúcense continuas inundacións no viario os días de choiva e ademais o firme, debido maioritariamente á súa antigüidade, atópase nun estado de considerable deterioración, con importantes fochancas e roturas no pavimento. A mellora das condicións deste viario permitirá que as persoas que o utilicen diariamente, sexan veciños…
Ver+Categoría: Praias e Termas
As Termas de Muíño da Veiga pechadas polas variacións no caudal do Miño. Ourense
As variacións do caudal do río Miño pola apertura de comportas na estación de bombeo de Oira están a provocar o anegamento periódico das termas do Muíño da Veiga. Por este motivo, a Concellería de Turismo e Termalismo sinalizou a zona afectada co gallo de prohibir o acceso das persoas. O Concello de Ourense aconsella seguir as indicacións na zona termal, que acoutan o espazo con balizas por motivos de seguridade.
Ver+Pechan os baños públicos das Termas da Chavasqueira por reformas integrais. Ourense
Os baños públicos da Chavasqueira pechan desde este luns por mor das obras de reforma das instalacións que se acometerán por parte da Xunta de Galicia cun orzamento superior aos 36.000 euros e que teñen un prazo de execución previsto de 45 días. A actuación, consistirá na reforma e modernización dos interiores deste servizo, de xeito que se dea resposta ás necesidades transmitidas polos veciños e turistas usuarios das instalacións. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez pide “desculpas aos usuarios dos baños públicos da Chavasqueira polas molestias que poida supoñer…
Ver+Bo domingo!
Desde as termas de Outariz en Ourense… Bo Domingo!
Ver+Iluminación máis eficiente nos paseos termais de Outariz e a Chavasqueira. Ourense
Os paseos termais de Outariz e a Chavasqueira mellorarán a súa iluminación e eficiencia enerxética fruto do proxecto de colaboración entre o Concello de Ourense e a Deputación, que executará o ente provincial e que terá un orzamento de 48.000 euros. O proxecto de colaboración co ente provincial súmase ás actuacións coas que o Concello vén apostando neste mandato por reivindicar e recuperar os espazos termais situados á beira do río Miño, con inversións por importe de 533.838 euros que significaron unha total renovación da contorna. Desde xuño de 2015…
Ver+Volven as sesións de ioga termal na piscina das Burgas. Ourense
Celebraranse os días 16 de febreiro; 2 e 16 de marzo; 6 e 20 de abril; 4 e 18 de maio; e 1 de xuño en horario, de 11:00 a 12:30 horas A Concellería de Termalismo do Concello de Ourense organiza, até o mes de xuño, a actividade “Ioga termal nas Burgas”. Celebraranse dous sábados ao mes, en horario de 11 a 12:30 horas, con aforo limitado, comezando o día 16 de febreiro. De carácter gratuíto, poderán participar na actividade persoas adultas, así como nenas e nenos a partir de…
Ver+Mellora na eficiencia enerxética dos paseos turísticos – termais. Ourense
Foto©Porgaliciabaixo Os paseos turístico-termais nas ribeiras do Miño contarán cunha mellora da iluminación e da eficiencia enerxética grazas ao investimento de 48.000 euros contemplado no marco do Plan de Cooperación Provincial da Deputación de Ourense. Destinado a darlle valor a un dos nosos potenciais turísticos e de lecer e mellorar a experiencia dos usuarios, a reforma da instalación consistirá no subministro e instalación de novas luminarias viarias pechadas, de tecnoloxía LED, coa que se persegue ademais unha mellora ambiental mediante a redución de gases de efecto invernadoiro e un aforro económico importante.…
Ver+Historia das Augas de Mondariz – Balneario
Foto: http://www.aguasdemondariz.com/ (O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) A la distancia de 5 leguas hacia el Sureste de Pontevedra, capital provincial, se hallaba el término municipal de Mondariz, perteneciente al partido judicial de Puenteareas a una legua de distancia. Lo separaban 25 leguas de La Coruña, audiencia territorial, y 4 de Tuy, su capital diocesana. En dos de aquellos lugares de Mondariz, Troncoso y San Pedro, brotaban las aguas que nos ocupan. La fuente de Troncoso surgía en el paraje denominado por los vecinos Saidoiro, en el lugar del que adoptó su…
Ver+Boa semana!
Foto©Porgaliciabaixo Praias de Marín
Ver+Discurso do alcalde de Ourense, durante a presentación de Termatalia en FITUR 2019
“Termatalia es un fantástico escaparate de gran parte de lo bueno que nuestra ciudad tiene que ofrecer: gastronomía de calidad, un patrimonio histórico magnífico, un patrimonio artístico notable, una ciudad con una cultura viva y dinámica, nuestro querido comercio, una sociedad acogedora y amable y, por supuesto, aguas termales: nuestro elemento más diferenciador y exclusivo, la razón de ser de nuestra capital termal. Tenemos, pues, la oportunidad de ofrecer al mundo lo mejor de nosotros, entre el 19 y 20 de septiembre. De posicionarnos de nuevo como la gran referencia…
Ver+Nas Termas de Muíño Da Veiga, Ourense
Foto: Ano 2014©Porgaliciabaixo
Ver+