Ourense prepárase para o Entroido 2019. Avance Programa

Ourense inicia a conta atrás do Entroido 2019 desvelando os primeiros detalles do programa festivo, que irá desde o 28 de febreiro, xoves de comadres, coa lectura do pregón a cargo do actor Xosé Antonio Touriñán, até o 6 de marzo, co tradicional Enterro da Sardiña. Na presentación, no salón de plenos, estiveron presentes tamén os entroidos da cidade -a Paquita e o Nicanor de Seixalbo, o Frei Canedo da Ponte, e a Pita das Eiroás-, porque “o Entroido faise entre todos e a cidade brilla diferente cando as asociacións…

Ver+

Anúnciase a esperada licitación das obras do Museo Arqueolóxico. Ourense

Por fin, un dos proxectos máis agardados pola cidade de Ourense comeza a ver a súa consecución, logo da publicación hoxe mesmo, na plataforma de contratación do sector público, do anuncio de licitación e pliego das obras do Museo Arqueolóxico, cun importe total de 12.246.860,33 euros, e un orzamento do proxecto cifrado en 10.121.372,17 euros. Lembra o rexedor ourensán que o desbloqueo deste proxecto foi un dos seus máximos compromisos neste mandato municipal, “algo no que traballamos desde o primeiro intre”, rememorando que foi preciso “apelar e convencer aos diferentes responsables…

Ver+

Concello e Xunta colaboran para levar a cabo a Posta en Valor da Ponte Vella. Ourense

O Concello de Ourense acolleu este martes a sinatura do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para executar a 2ª fase do Proxecto de Posta en Valor da Ponte Vella, unha actuación que converterá este espazo nunha referencia para cidadáns e turistas. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a directora Xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Ínsua, foron os encargados de asinar este convenio que permitirá “transformar a contorna da capela dos Remedios nunha zona aberta, deseñada para o…

Ver+

Discurso do alcalde de Ourense, durante a presentación de Termatalia en FITUR 2019

“Termatalia es un fantástico escaparate de gran parte de lo bueno que nuestra ciudad tiene que ofrecer: gastronomía de calidad, un patrimonio histórico magnífico, un patrimonio artístico notable, una ciudad con una cultura viva y dinámica, nuestro querido comercio, una sociedad acogedora y amable y, por supuesto, aguas termales: nuestro elemento más diferenciador y exclusivo, la razón de ser de nuestra capital termal.  Tenemos, pues, la oportunidad de ofrecer al mundo lo mejor de nosotros, entre el 19 y 20 de septiembre. De posicionarnos de nuevo como la gran referencia…

Ver+

Ourense presenta no FITUR a campaña turística “DeXconecta #Ourensanamente”

Ourense vén de presentar na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a súa campaña “DeXconecta #Ourensanamente”, unha invitación a descubrir que nosa cidade “non é un destino calquera, senón unha forma de vivir, unha experiencia, unha sensación. Un lugar onde deXconectar de todo aquilo que nos estrese e produce ansiedade”. Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a posta de largo da nova campaña turística da cidade das Burgas nesta Feira, un acto que contou coa presenza do concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar e…

Ver+

Ourense presenta en FITUR a súa nova campaña turística: DeXconecta Ourensanamente

DeXconecta apela ao turismo intelixente: escoitar os visitantes e darlle forma á cidade que eles contan, unha mensaxe construída da suma dos datos recompilados e das experiencias que inspiraron os visitantes. Ourense estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), un evento que marca o inicio do ano turístico e polo que pasaron 245.000 visitantes na última edición. A nosa cidade estará emprazada no expositor de Galicia (Pavillón 9, entrada pola Porta Norte), a través da Concellería de Turismo, co lema promocional DeXconecta Ourensanamente. Unha invitación para descubrir Ourense sen…

Ver+

XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. Ourense

A cidade de Ourense reunirá este domingo a mellor selección de atletas da comunidade coa disputa do  XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 en Pista Cuberta. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, o vicepresidente Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez e o delegado en Ourense,  Ángel Fidalgo, e a interventora de Expourense, Cristina Álvarez, participaron na presentación da proba, que terá lugar na pista cuberta de Expourense, en xornada de mañá e tarde. En xornada…

Ver+

O Concello de Ourense aproba o proxecto para a reforma e adaptación da Canceira Municipal á normativa vixente

O Concello de Ourense aprobou o Proxecto de reforma e adaptación á normativa vixente da Canceira Municipal, unha obra que contará cun orzamento de preto de 220.000 euros, e que vai supoñer unha gran transformación das actuais instalacións co obxectivo de mellorar a atención que reciben os animais acollidos nestas instalacións, así como a súa seguridade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destaca que “se trata dun paso moi importante que confirma o noso firme compromiso por mellorar as condicións nas que se atopan os animais acollidos nestas instalacións”. Así,…

Ver+

O alcalde de Ourense propón a incoación dun expediente de honra a Daniel Vázquez-Gulías

O Concello de Ourense saldará a débeda moral que a cidade tiña con Daniel Vázquez-Gulías e proporá a incoación dun expediente de honra para recoñecer a figura e o legado do arquitecto ourensán (nado en Beariz). Así llo comunicou esta mañá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, aos membros da directiva da Fundación Vázquez-Gulías. Asimesmo, a fundación tamén remitirá diversas peticións neste senso remitidas por diferentes colectivos para fundamentar este expediente. Deste xeito, en virtude do artigo 20.1 do Regulamento de Honores do Concello de Ourense, o alcalde propón a…

Ver+

Ourense subscribe un acordo de colaboración para situarse como referente mundial da xeotermia

O Concello e o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital subscribiron esta mañá un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura. Jesús Vázquez e Álvaro Nadal asinaron este documento, no que a través do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do ministerio, séntase unha base sen precedentes na cooperación institucional e no posicionamiento de Ourense como cidade cun altísimo potencial enerxético. Para elo, crearase unha comisión de…

Ver+