A Pé de Rúa: ‘Rizando o Rizo’ participarán 14 perruquerías, barberías e tendas de tocados. Pontevedra

Demostracións (peiteados, maquillaxes, depilación con fíos…), nomes propios, mesmo un desfile e servizos en directo, ademais de actividades para nenos e nenas. Son os vimbios da próxima cita de Rizando o Rizo, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de maio, a partir das 16.30 horas no eixo praza de Ourense/A Ferrería. Rizando o Rizo é a cita sectorial do programa A Pé de Rúa que impulsa a Concellería de Promoción Económica e da Cidade para pór en valor e visibilizar o comercio local. Ven da man da concellería e…

Ver+

Gala de entrega dos Premios Ben Veñas Maio. Pontevedra

Mañá xoves 9 de maio coñeceranse aos gañadores/as dos certames Ben Veñas Maio! deste ano das distintas categorías: videoclip musical, fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía e curtametraxes. Será na gala de entrega dos premios cando se desvelen os nomes dos galardoados. A gala terá lugar no Teatro Principal, ás 20.30 horas e contará coa actuación musical de “Limbo”, do IES A Xunqueira. A entrada é libre. Ben veñas, Maio! é un proxecto que promove a Concellería de Normalización Lingüística xunto cos equipos de normalización (ENL) dos institutos de Pontevedra…

Ver+

Programación das Letras Galegas no Concello de Bueu

O Concello de Bueu quere dar un paso adiante na organización de actividades que leven a cultura ao rural, e por iso este ano serán protagonistas os lugares de Sanamedio, Cela e Meiro, onde están programados diversos actos conmemorativos das Letras Galegas, cando se homenaxea a Antón Fraguas. Durante a rolda de prensa celebrada este mércores, Xosé Leal, concelleiro de cultura destacou que “é importante a convivencia entre as diversas xeracións”. No acto estiveron presentes integrantes de todos os colectivos implicados, como a Asociación Cultural de Sanamedio, a Asociación Cultural…

Ver+

Degustación de produtos sen glute na Casa da Luz. Pontevedra

A Casa da Luz acollerá o vindeiro sábado 11 de maio, de 11.30 a 13.30 horas, unha degustación de produtos sen glute, promovida pola Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) co soporte da Concellería de Benestar Social Municipal. A cita forma parte das actividades desenvolvidas pola asociación arredor do Día das Persoas Celíacas, que se celebra o 31 de maio. Acega traballa na divulgación da enfermidade celíaca e está a poñer o foco na necesidade de concienciar á hostalería da necesidade de que haxa opcións nas cartas para que as…

Ver+

Sétima Feira. Nova cita 11 de maio. Pontevedra

Chega o segundo sábado de mes e con el unha nova cita con Sétima Feira no 1o andar do mercado de abastos. Moda, deseño e arte e tamén música, gastronomía e obradoiros para nenos e nenas converterán encherán de vida este espazo o vindeiro 11 de maio, de 11.00 a 15.00 horas. A participación no fervedoiro creativo infantil é de balde mais con previa inscrición a través do enderezo setimafeira@pontevedra.gal ou por orde de chegada. Neste ocasión os nenos e nenas, de 6 a 12 anos, enfrontará a gravación de…

Ver+

Programación de Maio do Cineclube Pontevedra

RAINER WERNER FASSBINDER MARTES 21 | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA A RULETA CHINESA Chinesisches Roulette, Rainer Werner Fassbinder, 1976, 86 min., VOSE Lingua orixinal: Alemán A ruleta chinesa é unha parábola sobre o mundo burgués, os seus ritos e mentiras. Céntrase na historia de Angela, filla de pais ricos e liberais, cuxo odio cara a eles lévaa a tenderlles unha trampa para que unha fin de semana coincidan na súa casa de campo cos seus respectivos amantes. Trátase dun dos filmes máis sofisticados de Fassbinder. Levado pola idea de que…

Ver+

A Feira do Gourmet Galego: Etiqueta Negra; de volta en novembro. Pontevedra

Os días 9, 10 e 11 de novembro de 2019 Pontevedra volverá a converterse no epicentro do gourmet galego coa celebración de Etiqueta Negra. Profesionais, produtores e consumidores volverán darse cita no Recinto Feiral de Pontevedra co obxectivo de coñecer as tendencias do sector, establecer novos contactos comerciais e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Organizada polo Concello de Pontevedra, Etiqueta Negra é xa unha cita consolidada para empresas e produtores do sector gourmet galego, profesionais da alimentación, da restauración e da distribución así como consumidores que…

Ver+

Presentación Libro ‘Tempa maltreita’ de Alexander Vórtice. Pontevedra

15 de maio ás 20.00 horas na Libraría Paz de Pontevedra Alexander Vórtice presenta o seu novo libro ‘Tempa maltreita’ acompañado dos xornalistas Natalia Puga e Jesús Iglesias. ‘Tempa maltreita’ (Editorial Discursiva) supón unha viaxe de ida e volta ata o máis fondo das emocións propiamente humanas: noites ácedas, corredoiras húmidas, persoas facilmente substituíbles e pensións de mala morte, sempre procurando un lugar onde a esperanza poida reverdecer e brotar entre a negrura que nos outorgan as patadas do destino. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Exposición de pintura de Sebastián Silva. Sanxenxo

Neste mes de maio poderase desfrutar no vestíbulo do Pazo Emilia Pardo Bazán da nova mostra de pinturas de SEBASTIÁN SILVA, veterano alumno do Centro de Arte Municipal, de gran sensibilidade artística que mestura sen reparos inquedanzas e curiosidades varias que dan como resultado imaxes heteroxéneas cargadas de pequenos “misterios visuais”.

Ver+

Balance da XXIV Edición da Festa da Raia de Portonovo. Sanxenxo

A XXIV Edición da Festa dá Raia en Portonovo, congregou na Lonxa a miles de persoas durante esta fin de semana. Un total de 2.904 racións foron servidas nas instalacións da Lonxa para celebrar esta festa gastronómica. Un dato que supera ao do ano 2018 en case 500 pratos máis. O prato estrela da festa continúa sendo a Raia en Caldeirada, pero tamén tiveron moito éxito o salpicón de raia, a empanada e as croquetas. O goberno quere agradecer aos locais da vila a súa implicación e colaboración e anima…

Ver+